Mostrando entradas con la etiqueta Notas e avisos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Notas e avisos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Setembro sen vós


Queridos todos:
Como comprobariades, o blog agora pide clave, porque o fixen privado. Dende hoxe só o lemos nós.
¿Que é de vós? Pocuo sei, a verdade. Menos mal que atopei a Raquel o outro día e Aarón me mandou un correo, porque se non penso que vos tragou a terra.
Eu xa estou instalada na Guarda, levamos unha semana de clase (aínda que hoxe escribo dende Vigo, xa que alá é feriado). Teño 2º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, e tamén PDC. Como me deixastes tan bo recordo do PDC non puiden negarme a collelo, pero non vai ser o mesmo sen vós. ¡Bótovos de menos!

miércoles, 22 de julio de 2009

¡Ah do blog!


Hai moito tempo que non sei nada de vós, ¿qué pasou cos intitutos? ¿Colléronvos?
¿Que tal de vacacións? Supoño que de praia pouco, como todos...
E os carnés de conducir, ¿como van?
Contade, contade.

viernes, 19 de junio de 2009

Fin de curso

Isto xa se acaba!!! Acábase o curso, a ESO, e o noso tempo xuntos.

Estes dous anos foron marabillosos con vós, paseino realmente ben, e alégrome de corazón de que conseguideses todo canto vos propuxestes, sodes unhas fieras!
Moitas grazas por todo, e moitas grazas polos agasallos tan fermosos que me fixestes, emocioneime!

CANTO VOS VOU BOTAR DE MENOS!

lunes, 18 de mayo de 2009

Se nos ha muerto Mario Benedetti

Qué mejor homenaje para el poeta que nos deja solos, que leer sus textos.
Podéis adentraros en sus versos con esta brevísima antología poética que os he preparado.



Enlaces:
Obituario en El País
Poemas de Benedetti en A media voz
Poemas de Benedetti en Poesía-inter
Poemas y recitados en Materiales de lengua y literatura

martes, 14 de abril de 2009

Estamos de volta


A viaxe xa quedou atrás e as vacacións acaban de rematar, xa estamos de volta nas aulas.

Hoxe quero que fagades unha entrada no voso blog sobre a excursión. Non debe levarvos máis de quince minutos. Ao rematar, volvedes por acá, que xa estará colgada unha nova actividade. Adiante.

E por certo, alégrome moito de vervos de novo!

martes, 31 de marzo de 2009

Tres, dous, un... MARCHAMOS!!!!

Chegou a hora da viaxe!!!! Supoño que nestes momentos estaredes todos preparando as mochilas. Lembrade levar:
  • A guía de viaxe
  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Medicamentos (quen os tome)
  • Comida para o primeiro día (e froita, iogures etc. cada quen o que vexa)
  • Bebida
  • Comida ou cartos para o segundo día
  • Traxe de baño e máis chanclas
  • Roupa de abrigo e calzado cómodo
E xogos!!! Unhas cartiñas ou algún outro xogo para entreternos mañá pola noite. Non vos esquezades, por favor.

Deica mañá!

viernes, 6 de marzo de 2009

¡¡¡Novidades na biblioteca do instituto!!!

Sabedes que levaba semanas preparando unha compra de libros para a biblioteca do instituto. Pois ben... ¡Xa están os libros na biblioteca, catalogados e forrados, grazas ás nosas estupendas profes bibliotecarias, esperando que alguén os lea!

Os novos títulos pódense consultar
aquí.

domingo, 8 de febrero de 2009

Mañá, luns 9 de febreiro, non hai clase

Aviso importante: mañá, luns 9 de febreiro de 2009, non haberá clase. A Consellería de Educación colgou o aviso na súa página, podedes velo aquí. Lede tamén a notificación oficial.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Lecturas en lengua castellana 2008-2009

Como en clase estamos leyendo Pel de lobo, en gallego, y al terminarla empezaremos una nueva obra seguramente en gallego también, quiero que escojáis una lectura en castellano que haréis por vuestra cuenta, en casa o en ratos libres en clase, de las siguiente lista.
En lo que resta de octubre me comunicaréis cuál es la que leeréis, y dentro de algo más de un mes haremos un ejercicio escrito u oral sobre la lectura.

En el segundo trimestre haremos al revés: leeremos en clase obras en castellano, y vosotros escogeréis una obra en gallego para leer en casa.

martes, 16 de septiembre de 2008

... e xa temos que voltar ás aulas!!!




Lembrade que esta tarde (martes 16 de setembro) tendes a presentación de 4º de ESO, ás 18.30 horas.

O xoves, que é 18 de setembro, comezarán as clases, coma sempre, ás 8.55 da mañá.


.

martes, 26 de agosto de 2008

Xa cheira a vota ao cole...



¡E é que xa non queda nada!

Supoño que sabedes que sigo con vós, no instituto, un ano máis.

Como andaredes despistadiños coas datas, vouvos colgar aquí as máis importantes. Se alguén precisa saber algunha outra dalgunha pendente, escribídeme ou poñede aquí un comentario, e dígovola.

EXAMES
  1. Pendentes de Ciencias Sociais de 1º e 2º de ESO, luns día 1 de setembro, ás 9 da mañá, na nosa aula.
  2. Pendentes de Lingua Galega de 1º e 2º de ESO, luns 1 de setembro, ás 16,30 h., na aula.
  3. Pendentes de Lingua Castelá de 1º e 2º de ESO, martes 2 de setembro, ás 9 da mañá, na aula.
NOTAS E MATRÍCULA
  1. Venres 5 de setembro, entrega de notas, revisión de exames e posibles reclamacións.
  2. Luns 8 de setembro, matriculación en ESO (tamén podedes ir martes, pero o Instituto agradece que o fagades luns).

jueves, 19 de junio de 2008

¡Rematou terceiro!

¡¡¡Que pasedes un feliz verán!!!


Sodes estupendos.


lunes, 16 de junio de 2008

¿Cal che gusta máis?

Estas son as fotos:



Tamén podes velas numeradas se pinchas aquí.

Míraas devagar e escolle unha, a que creas mellor. Despois, vota con moito coidado de non te equivocar, na enquisa de enriba.

¡¡¡XA TEMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA!!! ¡Por goleada gañou a número tres!





martes, 29 de abril de 2008

¿Que facemos hoxe, 29 de abril?


Hoxe tendes que facer, nesta orde, o seguinte:


1. Colgar o voso miniconto en Pájaro de cien alas. Se queredes, podedes poñer unha imaxe pequeniña, para ilustralo.

2. Rematar o traballo de Europa, en word. Revisalo, tabulalo, poñerlle o nome na portada, e enviarmo a mil.primaveras.mais@gmail.com.

3. Facer a unidade didáctica interactiva sobre Europa que tendes na entrada correspondente.

4.
Practicade os mapas de Europa que tendes na entrada do 14 de abril.

5. Xa feito todo isto, comezade a buscar información para o voso traballo. Chamádeme á menor dificultade ou dúbida.


P.D. - Hoxe é o Día dos Animais, para recordar que eles tamén teñen dereitos, aínda que hai quen se esquece...


Créditos:
http://www.wiccabolivia.org/animales.aspx
http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1082


martes, 4 de marzo de 2008

Amnesia



Como vexo que hai epidemia de amnesia, vouvos refrescar a memoria:

  1. Mañá hai exame de recuperación, e TODOS tendes que aprobar: non hai opción. Aprobar ou aprobar. Hoxe chegades a casa (lembrade levar cadernos e libros), xantades, descansades media horiña e ás catro lembrádesvos de min e sentades na mesa de estudo a darlle duro, para aprobar.
  2. Martes pasado era o último día para rematar a caza dos dereitos... ¡Ninguén me entregou nada! Estades ben avisados de que fai media coma un exame máis.
  3. Venres era data límite para entregar a ficha do libro de lectura, ¿U-las?
  4. Amais de emendar todos estes descoidos, na sesión de hoxe quero que colguedes os dous textos pendentes en Pájaro de cien alas.
  5. Temos para hoxe tamén as fichas dos planos e os esbozos, lembrade.

A quen lle sobre tempo, aconséllolle que REPASE mapas físicos, mapas políticos, teatro etc. Cada quen sabe o que leva para mañá.

P.D.- Lembrade mañá traer o mapa mudo que necesitedes para o exame.

Créditos:
Imaxe 1: http://minasdeoro.info/municipalismo.php?id=M0617782535
Imaxe 2: http://www.curso-mir.com/tecnicas_de%20estudio/06.html

viernes, 21 de diciembre de 2007

¡¡Bo nadal e feliz aninovo!!


Queridas alumnas, queridos alumnos:


Disfrutade destas festas e sacádelle o máximo ás vacacións. Lembrade que hai tempo para todo.
Eu, fareino así, aínda que vos vou botar de menos.



Podedes escoitar aquí unha canción que me gusta moito, e amais, déixovos un bonito conto de nadal:


Nochebuena

Fernando Silva dirige el hospital de niños en Managua.

En vísperas de Navidad, se quedó trabajando hasta muy tarde. Ya estaban sonando los cohetes, y empezaban los fuegos artificiales a iluminar el cielo, cuando Fernando decidió marcharse. En su casa lo esperaban para festejar.

Hizo una última recorrida por las salas, viendo si todo queda en orden, y en eso estaba cuando sintió que unos pasos lo seguían. Unos pasos de algodón; se volvió y descubrió que uno de los enfermitos le andaba atrás. En la penumbra lo reconoció. Era un niño que estaba solo. Fernando reconoció su cara ya marcada por la muerte y esos ojos que pedían disculpas o quizá pedían permiso.

Fernando se acercó y el niño lo rozó con la mano:

-Decile a... -susurró el niño- Decile a alguien, que yo estoy aquí.


Eduardo Galeano

lunes, 1 de octubre de 2007

¡¡¡Arrancamos!!!


¡Benvidos! Xa temos o noso primeiro blog de aula do Ámbito lingüístico e social. Espero que este sexa un lugar complementario da nosa aprendizaxe, e para iso cómpre que participedes cos vosos comentarios, dúbidas, inquedanzas e suxestións.

Aquí iremos poñendo tarefas, actividades e algúns apuntamentos, destinados especialmente (pero non só) ás sesións que pasemos entre os verdadeiros autómatas... (xa entendedes a qué me refiro).

¡Boa viaxe!