lunes, 29 de septiembre de 2008

A democracia española

Estes días, mentres agardamos polos novos libros de texto, estamos recuperando contidos de 3º que, por motivos de tempo, quedaron sen traballar o curso pasado, como é o caso do tema que nos ocupa: a organización política do Estado.


Xa que logo, con todo o visto nas aulas e o que poidades pescudar na Internet, resolvede estas cuestións.

Tendes que facer tamén un esquema fotográfico. Quero que busquedes en xornais, revistas ou na Internet fotografías dos dirixentes e persoeiros do estado, de Galicia e de Vigo, e que fagades con elas un esquema, indicando nome e cargo, representando os tres niveis de goberno (estatal, autonómico, municipal).

Coas cuestións do exercicio primeiro e máis o mural do segundo elaboraredes un traballo manuscrito que me entregaredes na data que vos indique.


Créditos:
Imaxe: http://enladuchafinal.blogspot.com/2008/03/como-quien-va-misa.html

martes, 16 de septiembre de 2008

... e xa temos que voltar ás aulas!!!




Lembrade que esta tarde (martes 16 de setembro) tendes a presentación de 4º de ESO, ás 18.30 horas.

O xoves, que é 18 de setembro, comezarán as clases, coma sempre, ás 8.55 da mañá.


.