Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2009

Curriculum creativo

Se botaramos unha ollada ás moreas de currículos que reciben a diario as empresas, comprobariamos que son todos case idénticos, coa mesma letra, a mesma tipografía... Hoxe tendes que demostrar que sodes únicas e únicos, personalizando o voso curriculum. Nada mellor que as ideas orixinais de cada quen, pero para dar agunhas pistas deixo estas propostas:

-Non empregues un formato estándar: deséñao ao teu xeito
-Xoga coa disposición do texto no papel: horizontal ou vertical, columnas, táboas, sangrados...
-Emprega mecanismo de realce: negra, cores diferentes (sen estridencias), algunha maíuscula (pero poucas) etc.

Pensade que é moi importante amosar cualidades que vos fagan bos candidatos ao posto de traballo ao que optades. Lede o que se conta nesta ligazón.

martes, 9 de junio de 2009

Elabora o teu curriculum vitae


Hoxe elaborarás o teu curriculum vitae. Acode a este enlace, le os consellos e escolle un modelo para comezar co teu.
Xoga cos mecaniso de realce (tamaño de letra, negra, cursiva, subliñado), cos sangrados, as viñetas, os cadros... para facelo persoal.

Ao rematar, envíamo e gárdao ti tamén.

viernes, 6 de marzo de 2009

¿Aínda non sabes que che gustaría estudar?


Se aínda non ves claro cara onde encamiñarte, proba con estoutro test de formación profesional. Ao final, dirache qué eidos profesionais che interesan, e qué familias profesionais hai asociadas a cada grupo. É dicir: qué ciclos de grao medio podedes facer en virtude dos teus gustos e afinidades.

lunes, 2 de marzo de 2009

¿Que podo estudar o ano que vén? ¿Que me gusta facer?

Imos comezar a pensar no ano que vén... ¿Que queredes facer? ¿Que é o que vos gusta?
Con este cuestionario, podemos empezar a atisbar o camiño que podería ser o axeitado pàra cada un de vós.
Descargádeo e gardádeo cuberto nunha memoria. De non ter, avisádesme e gárdovolo eu.

¡Respondede con sinceridade!

Cuestionario de intereses profesionais