jueves, 19 de junio de 2008

¡Rematou terceiro!

¡¡¡Que pasedes un feliz verán!!!


Sodes estupendos.


lunes, 16 de junio de 2008

¿Cal che gusta máis?

Estas son as fotos:



Tamén podes velas numeradas se pinchas aquí.

Míraas devagar e escolle unha, a que creas mellor. Despois, vota con moito coidado de non te equivocar, na enquisa de enriba.

¡¡¡XA TEMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA!!! ¡Por goleada gañou a número tres!





lunes, 9 de junio de 2008

España e Galicia, comunidades, provincias e comarcas

Partindo deste mapa comunidades autónomas e destoutro de provincias de España, podedes practicar de forma interactiva a xeografía física española, nestas ligazóns:


Provincias de España 1

Provincias de España 2

Provincias de España 3

Provincias de España 4

Comunidades autónomas 1

Comunidades autónomas 2

Comunidades autónomas 3

Capitais de comunidades autónomas 1

Capitais de comnidades autónomas 2





GALICIA

Provincias de Galicia 1

Provincias de Galicia 2

Provincias de Galicia 3

Comarcas de Galicia 1

Comarcas de Galicia 2

Comarcas de Galicia 3

Comarcas de Galicia 4

miércoles, 4 de junio de 2008

Los hijos del hambre no tienen mañana

¿Quen son os emigrantes?


Poden ser moitos os motivos que moven as personas duns a outros países, pero cando falamos de emigrantes sobreentendemos que a causa principal destes movimentos humanos cara a terras lonzanas é a necesidade, a pobreza ou a desgraza. É por isto que detrás de cada emigrante late a saudade pola distancia e o desexo de volver.


Imos agora reflexionar sobre quen son as persoas emigrantes, qué podemos facer para coñecelas, cómo podemos informar aos demais acerca destas persoas, que hoxe son “elas”, onte fomos “nós” e mañá podemos ser “todos”.


Bloque I. Actividades de indagación:
  1. Busca unha bos definición de emigración.
  2. ¿Que diferenza hai entre inmigración e emigración?
  3. ¿Cales foron as causas de migracións en épocas pasadas?
  4. ¿Que move á xente a emigrar, na actualidade?
  5. ¿Cara a onde se dirixen, principalemente?
  6. ¿Que cambios se producen no lugar de orixe? ¿E que cambios no lugar de chegada?
  7. ¿Por que emigramos? Explícao polo miúdo.
  8. Inmigrantes españois:
    1. ¿Cales foron as prinicipais migracións dende España nos séculos XIX e XX?
    2. ¿Cales foron os seus destinos?
    3. ¿Por que non foi doada a adaptación aos países receptores?
    4. ¿Como vivían?
    5. ¿Que pensaba a poboación dos países receptores sobre os inmigrantes españois?
  9. ¿Cal é a situción actual de España en relación aos movementos migratorios? Explícao polo miúdo, e pega algunha imaxe na túa resposta.
Enlaces:
http://www.liceodigital.com/geografia/poblacion.htm
http://mil.primaveras.mais.googlepages.com/Espaadepasemisorareceptordeemigrante.htm
http://club.telepolis.com/geografo/regional/espa/emigrar.htm
http://sauce.pntic.mec.es/jotero/Emigra3/emigra3p.htm
http://actualidad.terra.es/articulo/html/av2895535.htm


Bloque II. A inmigración nos medios:
  1. A partir dos textos xornalísitcos que tes aquí, resolve os exercicios que se formulan.
  2. Fai un resumo e unha valoración do testemuño de Adil, que podes escoitar aquí.


Bloque III. Consecuencia das migracións.
  1. ¿Que consecuencias pode ter a inmigración actual en España? Fai unha lista de consecuencias positivas e consecuencias negativas.
  2. Feita a túa listaxe, traballa as consecuencias económicas con este documento.
  3. Comenta as consecuencias demográficas, partindo destoutro documento.
  4. Agora, a explotación humana, con este arquivo.
  5. Por último, elabora unha recapitulación, apoiándote neste material.

Bloque IV. Denuncia dende a música, os publicidade, a literatura...

  1. 1. Vede e esoitade este vídeo de Canteca de Macao: "Los hijos del hambre no tienen mañana". Tratade de resumir o seu contido e de facer un comentario persoal. ¿Que denuncia Canteca de Macao?


  2. Agora vede este anuncio. Explicade qué anuncian, por que serve esta historia para anunciar o dito producto e, sobre todo, qué denuncian con este anuncio.


  • Buscade outras tres manifastacións culturais (anuncios, cancións, poemas, pinturas, contos...), e pegádeos na vosa carpeta de exercicios. Explicade por qué os escollestes.


    Conclusións que podemos sacar acerca dos emigrantes - A principal intención final desta actividade é sensibilizarnos ante o feito humano das emigracións e a comprensión cando se dan por motivos de pobreza, persecución ou conflitos sociais.
    A emigración é unha realidade humana que nos acompaña dende a antigüidade, non é algo estraño, énos propia a todos e a todas. As variacións son puramente circunstanciais, os movementos humanos son sempre positivos, temos a cabeza redonda para que as ideas dean voltas e o mundo tamén é redondo. A mestura, o intercambio, a interacción e a comunicación son fontes inesgotables de cultura, mellora e desenvolvemento.
    Créditos:
    http://tinglado.net/?id=emigrantes
    http://www.iesgrancapitan.org/profesores/layllon/inmigracion.htm
  •