miércoles, 23 de septiembre de 2009

Setembro sen vós


Queridos todos:
Como comprobariades, o blog agora pide clave, porque o fixen privado. Dende hoxe só o lemos nós.
¿Que é de vós? Pocuo sei, a verdade. Menos mal que atopei a Raquel o outro día e Aarón me mandou un correo, porque se non penso que vos tragou a terra.
Eu xa estou instalada na Guarda, levamos unha semana de clase (aínda que hoxe escribo dende Vigo, xa que alá é feriado). Teño 2º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, e tamén PDC. Como me deixastes tan bo recordo do PDC non puiden negarme a collelo, pero non vai ser o mesmo sen vós. ¡Bótovos de menos!

miércoles, 22 de julio de 2009

¡Ah do blog!


Hai moito tempo que non sei nada de vós, ¿qué pasou cos intitutos? ¿Colléronvos?
¿Que tal de vacacións? Supoño que de praia pouco, como todos...
E os carnés de conducir, ¿como van?
Contade, contade.

viernes, 19 de junio de 2009

Fin de curso

Isto xa se acaba!!! Acábase o curso, a ESO, e o noso tempo xuntos.

Estes dous anos foron marabillosos con vós, paseino realmente ben, e alégrome de corazón de que conseguideses todo canto vos propuxestes, sodes unhas fieras!
Moitas grazas por todo, e moitas grazas polos agasallos tan fermosos que me fixestes, emocioneime!

CANTO VOS VOU BOTAR DE MENOS!

lunes, 15 de junio de 2009

Curriculum creativo

Se botaramos unha ollada ás moreas de currículos que reciben a diario as empresas, comprobariamos que son todos case idénticos, coa mesma letra, a mesma tipografía... Hoxe tendes que demostrar que sodes únicas e únicos, personalizando o voso curriculum. Nada mellor que as ideas orixinais de cada quen, pero para dar agunhas pistas deixo estas propostas:

-Non empregues un formato estándar: deséñao ao teu xeito
-Xoga coa disposición do texto no papel: horizontal ou vertical, columnas, táboas, sangrados...
-Emprega mecanismo de realce: negra, cores diferentes (sen estridencias), algunha maíuscula (pero poucas) etc.

Pensade que é moi importante amosar cualidades que vos fagan bos candidatos ao posto de traballo ao que optades. Lede o que se conta nesta ligazón.

martes, 9 de junio de 2009

Elabora o teu curriculum vitae


Hoxe elaborarás o teu curriculum vitae. Acode a este enlace, le os consellos e escolle un modelo para comezar co teu.
Xoga cos mecaniso de realce (tamaño de letra, negra, cursiva, subliñado), cos sangrados, as viñetas, os cadros... para facelo persoal.

Ao rematar, envíamo e gárdao ti tamén.

viernes, 5 de junio de 2009

... Quien lo probó, lo sabe

Leímos en clase este poema. ¿Quién es capaz de encontrar otros dos muy parecidos, uno del propio Lope y otro de su vecino Quevedo?

Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.



jueves, 4 de junio de 2009

La agitada vida de Félix Lope de Vega Carpio

martes, 2 de junio de 2009

O século XIX

O século XIX
Coa axuda deste enlace, resolve:
  1. ¿Cales foron os feitos máis salientables do século XIX?
  2. ¿Que pasou en Cádiz en 1812?
  3. ¿Que pasou aolongo do XIX en España? ¿Como era a situación política?
  4. ¿Por que falamos da Europa dos nacionalismos?
  5. ¿Quen foi Garibaldi?
  6. ¿Quen foi Otto von Bismarck?
  7. Explica qué é o imperialismo e a que parte do mundo afectou.
  8. ¿Que países se repartiron África?
A Revolución Industrial
Coa axuda deste enlace, resolve estes exercicios:
  1. ¿Cando e onde se iniciou a Revolución Industrial?
  2. ¿Que a causou?
  3. ¿Que cambios produciu na sociedade da época?
  4. ¿Que descobertas tecnolóxicas facilitaron a industrialización?
  5. ¿Que significa que a R.I. tivera "consecuencias demográficas"?
  6. Explica tamén as consecuencias sociais e as económicas, brevemente.
  7. ¿Por que España se industrializou despois ca os demais países europeos?
  8. ¿Que foi, en suma, a Revolución Industrial?
Persoeiros
Xa sabedes: escolledes un e dádelo a coñecer no voso blog.
  • Bécquer
  • Zorrilla
  • Duque de Rivas
  • Rosalía de Castro
  • Eduardo Pondal
  • Curros Enríquez
  • Monet
  • Friderich
  • Ingres
  • Delacroix
  • Gaugin
  • Van Gogh
  • Garibaldi
  • Bismarck

jueves, 28 de mayo de 2009

Los textos periodísticos


Entrad en este LIM elaborado por Manuel Guerrero, tomad apuntes de la infromación nueva y haced los ejercicios.

martes, 26 de mayo de 2009

Un pequeño acercamiento a Mario Benedetti (trabajo)


Os propongo este pequeño trabajo para hacer un primer acercamiento a la figura de Mario Benedetti y su obra.