Mostrando entradas con la etiqueta Civilizacións do mundo antigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Civilizacións do mundo antigo. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de febrero de 2009

A Hispania romana (traballo)


Propóñovos a elaboración dun traballo de investigación sobre a Hispania romana, ao que lle daredes forma de presentación power point.
Para facela, teredes que buscar a información que necesitades neste enlace proposto e copiala nun borrador, que iredes engordando e corrixindo. Unha vez recabada toda a documentación, poderedes pasar a preparar as diapositivas.

A presentación power point ten dar resposta a todas estas cuestións, e, ademais, debe cumprir os requisitos expostos nesta ligazón.
Entregaráseme por correo electrónico para supervisala e despois presentádela na clase, en cinco ou dez minutos. ¡Animádevos!

Procedencia da actividade:
http://lmsextremadura.educarex.es/mod/assignment/view.php?id=1723

jueves, 5 de febrero de 2009

Mujeres míticas

Vamos a estrenar vuestro blog. Para ello, vais a realizar un pequeña investigación y publicar después en vuestros blogs los resultados, bien redactados y acompañados de imágenes y créditos.


Dice Ángel Luis Gallego en su webquest Mujeres míticas lo siguiente:

Si algo caracteriza a la heroína griega por encima de todo, es su valor, su resistencia ante la imposición masculina, su coraje ante el infortunio. Algunas mujeres se rebelan contra su destino, se crecen ante él... Probablemente muchas de estas mujeres sean desconocidas para ti. Atrévete a conocerlas.

Porque la mujer griega tenía un modelo de vida, es necesario que nosotros conozcamos y valoremos el ideal de comportamiento femenino. No nos quedarán indiferentes figuras como las de Antígona, Electra o Medea. Además todas estas mujeres y diosas han dejado profundas huellas en todas las Artes: literatura, pintura, escultura. Acércate al mundo de la mitología de una mano femenina.

Tendréis que realizar una búsqueda de información en una serie de páginas web información sobre una de las siguientes heroínas griegas:

· Alcestis

· Andromaca

· Andrómeda

· Antígona

· Ariadna

· Casandra

· Clitemnestra

· Electra

· Elena

· Fedra

· Hécuba

· Ifigenia

· Lisístrata

· Medea

· Pandora

· Penélope

Es obligatorio escribir un comentario a esta entrada y decir cuál habéis escogido.

Tras buscar y analizar la información obtenida, debéis elaborar un entrada en vuestro blog
explicando lo siguiente:

-Quién era la heroína escogida

-Cuáles fueron sus acciones más relevantes

-Tratamientos que se le hayan dado posteriormente a su figura

La entrada en el blog ha de incluir imágenes de la heroína escogida o de sus acciones más importantes, los enlaces de los que habéis extraído la información y las citadas imágenes.

Enlaces:

  1. Rea

  2. Apocatastasis

  3. Wikia

  4. Todo historia

  5. El Olimpo


Créditos

  • Ángel Luis Gallego: Webquest Mujeres míticas
  • http://aliso.pntic.mec.es/agalle17/mujeres%20miticas.zip
  • http://www.tach.ula.ve/on_line/mitoweb/olimpicos.jpg


martes, 13 de enero de 2009

Roma e o seu imperio


Se non podes ver o vídeo, entra aquí: http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/277.htm


  1. ¿Que conta a lenda da fundación de Roma?
  2. ¿Onde estaba situada Roma? Copia o debuxo que che mostra o vídeo.
  3. ¿Que tres etapas se distinguen na historia de Roma?
  4. ¿Contra quen se enfontraron nas Guerras púnicas?
  5. ¿Cantas e cales foron estas guerras? Fai un pequeno esquema.
  6. ¿Quen foi a grande figura da República? ¿Cales foron as súas conquistas? ¿Como acabou a súa vida? ¿Por que?
  7. Cita outros gobernantes romanos citados no vídeo.
  8. ¿Canto durou o esplendor do Imperio?
  9. Cita dous espazos (lugares, construcións) da cidade de Roma, e explica para qué servían.
  10. Cita as tres diversións principais dos romanos.
  11. ¿Que outras urbes cobraron importancia xunto a Roma? ¿Que as unía?
  12. ¿Mediante que construcións atendía a hixiene pública nas cidades?
  13. ¿Cal era o principal lugar social?
  14. ¿Como comezou o declive do esplendor imperial? Explícao resumidamente.
  15. ¿Que fixo Constantino? Foi duradeira a súa acción? ¿Por que?
  16. ¿Que pobos saquearon despois?
  17. ¿Que ano se considera a fin de Roma?
Créditos:
http://www.artehistoria.jcyl.es/index.html

viernes, 9 de enero de 2009

A antiga Grecia


Se non podes ver o vídeo, entra aquí: http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/229.htm


  1. ¿Como se chamaban a si mesmos os habitantes da antiga Grecia? ¿E á súa terra?
  2. ¿Que territorio ocupaba o mundo helénico?
  3. ¿Como son as súas costas? ¿E os seus vales?
  4. ¿Como se unían os distintos territorios?
  5. ¿Que explica a súa vocación comercial ou a colonización de novos territorios?
  6. ¿Como era a súa cosmovisión, os seus valores espirutuais, a súa concepción da vida?
  7. ¿Que tres culturas xorden neste territorio durante a Idade do Bronce? ¿Que caracteriza a cada unha? (Brevemente) ¿Cal é a máis importante e por que?
  8. ¿Que supuxo a invasión dos dorios?
  9. ¿Qué eran Atenas, Argos, Corinto...? ¿Que supuxo a expansión comercial destas?
  10. ¿Que pobos loitaron nas Guerras Médicas? ¿Cando tiveron lugar? ¿Que supuxo esta guerra para Grecia?
  11. Busca en google cáles foron estas guerras e as súas batallas, e cópiaas en forma de esquema.
  12. ¿Como eran gobernadas as súas cidades ou polis?
  13. ¿Que acontecía en Olimpia cada catro anos? ¿Que consecuencias tiña no eido militar?
  14. ¿Quen foi Pericles?
  15. ¿Que buscaban os escultores da Grecia clásica?
  16. Cita tres filósofos gregos.
  17. Cita catro dramaturgos.
  18. ¿A quen enfrentou as Guerras do Peloponeso?
  19. ¿Que papel tivo alejandro Magno?
  20. ¿Que cidades se convirten en importantes centros culturais no século IV a.C.?
  21. ¿Cal é o final de Grecia? ¿Sobrevive a súa cultura? Explícao.
Créditos:
http://www.artehistoria.jcyl.es/index.html

viernes, 12 de diciembre de 2008

Mini documental sobre Exipto



Cuestionario:

1. ¿Como chamaban os antigos exipcios ao seu país? ¿Por que? ¿Cal era a orixe desa terra?
2. ¿Que porcentaxe do país ocupa o deserto?
3. ¿Que crea o Nilo? ¿que partes hai?
4. ¿Que é o Delta dun río?
5. ¿Cando comeza a historia de Exipto? ¿Cal era a súa capital?
6. ¿Que comeza contra o 2.600 a.C.?
7. ¿Cando vive Exipto o seu maior esplendor?
8. ¿Que logros se deben a Tutmosis III e a Amenofis III?
9. ¿Que é a herexía de Amenofis IV? ¿Cando tivo lugar? ¿Que fixo despois Tutankamon?
10. ¿Cando chega a fin do imperio exipcio?
11. ¿Que pasou despois coa súa lingua e a súa cultura? ¿Que permitiu descifrar os xeroglíficos?
12. ¿Que atopamos primeiro remontando o río dende o Delta?
13. ¿Onde está a esfinxe de Gizeh?
14. ¿Que é Karnak? ¿Que hai alí?
15. ¿Que crían que había ao oeste do Nilo? ¿Que facían, xa que logo, os faraóns?
16. ¿Que puxo en perigo moitos monumentos, xa na actualidade?
17. ¿Cal foi o máis espectacular dos que perigaron? ¿Que lle aconteceu?
18. ¿Que conta o vídeo acerca de Abu-Simbel?

Créditos
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/214.htm

jueves, 4 de diciembre de 2008

As tumbas exipcias




Hoxe tendes que ver este vídeo con atención. Grazas a el podemos facer unha pequena visita virtual ás pirámides.
Tomade notas e facede, unha vez visto completo, un pequeno resumo sobre as tumbas exipcias.

Créditos:
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/213.htm

lunes, 1 de diciembre de 2008

A preparación para o alén no Antigo Exipto


A partir desta lámina sobre as pirámides e destoutra sobre a momificación, tendes que responder as seguintes cuestións para entregar. Copia a pregunta nunha cor diferente. Podes facelo no caderno:

As Pirámides

  1. ¿Cal foi a primeira pirámide que se construiu?
  2. ¿Para que servían a maioría das pirámides?
  3. ¿Cómo se preparaba o terrreo para a construción e como se transportaban os materiais?
  4. Fai unha lista dos lugares que aparecen ao longo do Nilo.
  5. ¿De que época son as pirámides de Gizeh?. ¿De quen son estas tres pirámides?


A momificación

  1. Busca neste dicionario de galego ou neste de castelán o significado de: embalsamar, momificar.
  2. ¿Como se preparaba o corpo para a momificación?
  3. ¿Que eran os vasos canopes e cales había?
  4. ¿Que se colocaba ao carón do defunto?
  5. ¿Por que era tan importante para os exipcios momificar os corpos?

Busca imaxes para enviar de...


As pirámides de Gizeh.
Restos de momias famosas.
A tumba de Tutamkamon.
A Esfinxe.
O Val dos Reis


Créditos:
http://lmsextremadura.educarex.es/mod/assignment/view.php?id=1681
http://www.losenigmas.com.ar/images/luz.jpg

domingo, 30 de noviembre de 2008

A civilización exipcia: diapositivas e crucigrama

Le atentamente estas diapositivas, toma apuntes, e trata de facer despois o seguinte crucigrama:

Antiguo Egipto
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: educación historia)


Créditos:
http://www.slideshare.net/crabielsa/antiguo-egipto-34335?type=powerpoint
http://lmsextremadura.educarex.es/mod/hotpot/view.php?id=1679

lunes, 10 de noviembre de 2008

Mesopotamia

Vede este vídeo con atención, e responde ás cuestións propostas, no caderno.

Cuestionario
  1. ¿Onde naceu a escritura?
  2. ¿Qué significa Mesopotamia? ¿Entre que ríos estaba?
  3. ¿Qué países actuais comprende?
  4. Sitúaos nun mapa para a clase de mañá
  5. ¿Cales foron os principias recursos?
  6. ¿Qué animais habitaban aquelas terras?
  7. Cita varias cidades.
  8. ¿Cal é o asentamento máis grande e mellor conservado? ¿Canto ocupaba? ¿Cantas vivendas habería? ¿Cantas persoas? Busca algunha vila galega que teña unha poboación semellante.
  9. ¿De que material eran as casas? ¿Cómo se accedía a elas?
  10. ¿Por qué destaca a cultura da cidade Tell Halaf?
  11. ¿Qué achega fundamental temos da cidade de Uruk? ¿Qué función tiña esta achega na súa época?
  12. ¿Cómo naceu a escritura, segundo explica o video? Detállao.
  13. ¿Por qué se lle dá o nome de escritura cuneiforme?
  14. ¿Cal era a organización política de Mesopotamia?
  15. ¿Qué compartían as cidades?
  16. ¿Mesopotamia foi un imperio? Explica esta pregunta polo miúdo.
  17. ¿Cal é o templo máis famoso de Ur? ¿De que ano é?
  18. ¿Quen era Hammurabi? ¿Que elaborou?
  19. ¿Qué significa Babilonia?
  20. Sinala os atributos desta cidade que a levaron a ser unha cidade mítica.
  21. ¿Que imperio se imporá sobre Mesopotamia?
  22. ¿Que acabou coas ambicións do Imperio Persa?
  23. ¿En que ano tivo lugar a derrota persa? ¿Qué consecuencias trouxo consigo?