
A partir desta lámina sobre as pirámides e destoutra sobre a momificación, tendes que responder as seguintes cuestións para entregar. Copia a pregunta nunha cor diferente. Podes facelo no caderno:
As Pirámides
- ¿Cal foi a primeira pirámide que se construiu?
- ¿Para que servían a maioría das pirámides?
- ¿Cómo se preparaba o terrreo para a construción e como se transportaban os materiais?
- Fai unha lista dos lugares que aparecen ao longo do Nilo.
- ¿De que época son as pirámides de Gizeh?. ¿De quen son estas tres pirámides?
A momificación
- Busca neste dicionario de galego ou neste de castelán o significado de: embalsamar, momificar.
- ¿Como se preparaba o corpo para a momificación?
- ¿Que eran os vasos canopes e cales había?
- ¿Que se colocaba ao carón do defunto?
- ¿Por que era tan importante para os exipcios momificar os corpos?
Busca imaxes para enviar de...
As pirámides de Gizeh.
Restos de momias famosas.
A tumba de Tutamkamon.
A Esfinxe.
O Val dos Reis
http://lmsextremadura.educarex.es/mod/assignment/view.php?id=1681
http://www.losenigmas.com.ar/images/luz.jpg
1 comentarios:
Entrade nesta páxina sobre Exipto, moi recomendable.
Publicar un comentario