viernes, 28 de marzo de 2008

Se hace camino al andar



Xa estamos de volta, ¿que tal o pasastes? ¿Sobrevivistes aos vosos múltiples achaques?


Nuria, ¡botámoste de menos!


Aviso: se pinchades sobre a foto dúas veces, podedes vela ampliada.

Por certo, mirade no voso correo...

martes, 4 de marzo de 2008

Amnesia



Como vexo que hai epidemia de amnesia, vouvos refrescar a memoria:

  1. Mañá hai exame de recuperación, e TODOS tendes que aprobar: non hai opción. Aprobar ou aprobar. Hoxe chegades a casa (lembrade levar cadernos e libros), xantades, descansades media horiña e ás catro lembrádesvos de min e sentades na mesa de estudo a darlle duro, para aprobar.
  2. Martes pasado era o último día para rematar a caza dos dereitos... ¡Ninguén me entregou nada! Estades ben avisados de que fai media coma un exame máis.
  3. Venres era data límite para entregar a ficha do libro de lectura, ¿U-las?
  4. Amais de emendar todos estes descoidos, na sesión de hoxe quero que colguedes os dous textos pendentes en Pájaro de cien alas.
  5. Temos para hoxe tamén as fichas dos planos e os esbozos, lembrade.

A quen lle sobre tempo, aconséllolle que REPASE mapas físicos, mapas políticos, teatro etc. Cada quen sabe o que leva para mañá.

P.D.- Lembrade mañá traer o mapa mudo que necesitedes para o exame.

Créditos:
Imaxe 1: http://minasdeoro.info/municipalismo.php?id=M0617782535
Imaxe 2: http://www.curso-mir.com/tecnicas_de%20estudio/06.html