viernes, 19 de diciembre de 2008

¡BO NADAL!


Hoxe despedímonos ata o ano que vén. Descansade e collede folgos para a volta, que aínda nos queda un anaquiño.
É unha alegría para min poder desexarvos un ano máis unhas felices festas, os Reis escoitáronme o ano pasado!
Que pasedes un feliz Nadal!


viernes, 12 de diciembre de 2008

Mini documental sobre Exipto



Cuestionario:

1. ¿Como chamaban os antigos exipcios ao seu país? ¿Por que? ¿Cal era a orixe desa terra?
2. ¿Que porcentaxe do país ocupa o deserto?
3. ¿Que crea o Nilo? ¿que partes hai?
4. ¿Que é o Delta dun río?
5. ¿Cando comeza a historia de Exipto? ¿Cal era a súa capital?
6. ¿Que comeza contra o 2.600 a.C.?
7. ¿Cando vive Exipto o seu maior esplendor?
8. ¿Que logros se deben a Tutmosis III e a Amenofis III?
9. ¿Que é a herexía de Amenofis IV? ¿Cando tivo lugar? ¿Que fixo despois Tutankamon?
10. ¿Cando chega a fin do imperio exipcio?
11. ¿Que pasou despois coa súa lingua e a súa cultura? ¿Que permitiu descifrar os xeroglíficos?
12. ¿Que atopamos primeiro remontando o río dende o Delta?
13. ¿Onde está a esfinxe de Gizeh?
14. ¿Que é Karnak? ¿Que hai alí?
15. ¿Que crían que había ao oeste do Nilo? ¿Que facían, xa que logo, os faraóns?
16. ¿Que puxo en perigo moitos monumentos, xa na actualidade?
17. ¿Cal foi o máis espectacular dos que perigaron? ¿Que lle aconteceu?
18. ¿Que conta o vídeo acerca de Abu-Simbel?

Créditos
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/214.htm

jueves, 4 de diciembre de 2008

As tumbas exipcias




Hoxe tendes que ver este vídeo con atención. Grazas a el podemos facer unha pequena visita virtual ás pirámides.
Tomade notas e facede, unha vez visto completo, un pequeno resumo sobre as tumbas exipcias.

Créditos:
http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/videos/213.htm

lunes, 1 de diciembre de 2008

A preparación para o alén no Antigo Exipto


A partir desta lámina sobre as pirámides e destoutra sobre a momificación, tendes que responder as seguintes cuestións para entregar. Copia a pregunta nunha cor diferente. Podes facelo no caderno:

As Pirámides

  1. ¿Cal foi a primeira pirámide que se construiu?
  2. ¿Para que servían a maioría das pirámides?
  3. ¿Cómo se preparaba o terrreo para a construción e como se transportaban os materiais?
  4. Fai unha lista dos lugares que aparecen ao longo do Nilo.
  5. ¿De que época son as pirámides de Gizeh?. ¿De quen son estas tres pirámides?


A momificación

  1. Busca neste dicionario de galego ou neste de castelán o significado de: embalsamar, momificar.
  2. ¿Como se preparaba o corpo para a momificación?
  3. ¿Que eran os vasos canopes e cales había?
  4. ¿Que se colocaba ao carón do defunto?
  5. ¿Por que era tan importante para os exipcios momificar os corpos?

Busca imaxes para enviar de...


As pirámides de Gizeh.
Restos de momias famosas.
A tumba de Tutamkamon.
A Esfinxe.
O Val dos Reis


Créditos:
http://lmsextremadura.educarex.es/mod/assignment/view.php?id=1681
http://www.losenigmas.com.ar/images/luz.jpg