martes, 31 de marzo de 2009

Tres, dous, un... MARCHAMOS!!!!

Chegou a hora da viaxe!!!! Supoño que nestes momentos estaredes todos preparando as mochilas. Lembrade levar:
  • A guía de viaxe
  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Medicamentos (quen os tome)
  • Comida para o primeiro día (e froita, iogures etc. cada quen o que vexa)
  • Bebida
  • Comida ou cartos para o segundo día
  • Traxe de baño e máis chanclas
  • Roupa de abrigo e calzado cómodo
E xogos!!! Unhas cartiñas ou algún outro xogo para entreternos mañá pola noite. Non vos esquezades, por favor.

Deica mañá!

Os mosteiros da Ribeira sacra


Nun interesantísimo capítulo da vosa guía falaredes dos mosteiros da Ribeira sacra. Estes enlaces poden servos de utilidade:

El confidencial. Aquí presentan en xeral os mosteiros desta zona.
Ribeira sacra (arquitectura). Nesta ligazón fálanvos de varios mosteiros e castelos, como por exemplo...

lunes, 30 de marzo de 2009

Ourense e as termas


Para elaborar o voso artgo sobre Ourense, déxivos as seguintes ligazóns:

Ourense na Galipedia
Ourense na Wikipedia
Rueiro de Ourense
Roteiro monumental
Roteiro termal
Termas de Outariz

E algo de historia sobre as termas:
Termas romanas

martes, 24 de marzo de 2009

Os canóns do Sil

No seguinte capítulo da guía falaredes dos Canóns do Sil. Para facilitarvos a elaboración do dito capítulo, déixovos estes enlaces:

Galipedia
Galitur Sport
A Ribeira Sacra (enlace directo aos canóns aquí)
La Ribeira Sacra 2
Catamarán
Os canóns en googlemaps

Vistamos Allariz

Para elaborar o voso capítulo da guía de viaxe sobre Allariz, recoméndovos estes enlaces:


Galipedia
Páxina do concello
Yahoo, guía de viaxe
Plano da vila
Folleto turístico

Visita ás Médulas e as termas: dous enclaves da Hispania romana:

Hoxe ides preparar o capítulo da vosa guía de viaxe relativo á visita ás Médulas (León) e as termas de Ourense, dous enclaves da Hispania romana.

Resolvede estas cuestións e coas súas solucións, elaborade o capítulo da guía.


HISTORIA

  1. ¿Qué pobos habitaban a península antes da chegada dos romanos?
  2. ¿Qué outras vagas de pobos colonizadores chegaran antes á península?
  3. ¿Cando chegan os romanos á península? ¿Cales foron as etapas de colonización? ¿En que ano caen os territorio do noroeste?
  4. Sinala as principais razóns que impulsaron a expansión romana fóra de Italia.
  5. ¿Que é o proceso de romanización?
  6. Os romanos traballaron arreo nas obras públicas. Visita este enlace e estoutro e comenta cáles foron as máis salientables.
  7. ¿Qué beneficios obtiñan os romanos de Hispania? Cita cabdo menos dúas innovacións técnicas que introduciran na península
  8. ¿Que son as Médulas? ¿Que obtiñan delas os romanos? ¿Onde están situadas? ¿Que declarou a UNESCO no 1997?

ENLACES PARA A ROMANIZACIÓN, TERMAS E MÉDULAS

  1. Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Las_M%C3%A9dulas
  2. Historia sigo XX: http://www.historiasiglo20.org/HE/1.htm
  3. Fundación Las Médulas: http://www.fundacionlasmedulas.org/index.jsp?idioma=es

¿Que deseño ten que ter a guía de viaxe?

Marchamos de viaxe, e as guías corren da vosa conta, xa sabedes.

¿E que hai que escribir nelas?

A vosa guía debe conter como mínimo os capítulos que vos indico neste arquivo. Espero que sexan unhas guías tan estupendas que nolas pidan os compañeiros de 3º, e as outras profesoras...

¡Adiante!

martes, 17 de marzo de 2009

O Islam


Repasade os vosos coñecementos acerca do Islam con este libro interactivo.

A Europa feudal


Repasade de cara ao exame con este libro interactivo sobre a Europa feudal.

viernes, 6 de marzo de 2009

¡¡¡Novidades na biblioteca do instituto!!!

Sabedes que levaba semanas preparando unha compra de libros para a biblioteca do instituto. Pois ben... ¡Xa están os libros na biblioteca, catalogados e forrados, grazas ás nosas estupendas profes bibliotecarias, esperando que alguén os lea!

Os novos títulos pódense consultar
aquí.

¿Aínda non sabes que che gustaría estudar?


Se aínda non ves claro cara onde encamiñarte, proba con estoutro test de formación profesional. Ao final, dirache qué eidos profesionais che interesan, e qué familias profesionais hai asociadas a cada grupo. É dicir: qué ciclos de grao medio podedes facer en virtude dos teus gustos e afinidades.

lunes, 2 de marzo de 2009

¿Que podo estudar o ano que vén? ¿Que me gusta facer?

Imos comezar a pensar no ano que vén... ¿Que queredes facer? ¿Que é o que vos gusta?
Con este cuestionario, podemos empezar a atisbar o camiño que podería ser o axeitado pàra cada un de vós.
Descargádeo e gardádeo cuberto nunha memoria. De non ter, avisádesme e gárdovolo eu.

¡Respondede con sinceridade!

Cuestionario de intereses profesionais