martes, 27 de mayo de 2008

Mapas físicos de España e Galicia

Partindo deste mapa físico de España, podedes practicar de forma interactiva a xeografía física española, nestas ligazóns:



Relevo de España 1

Relevo de España 2

Ríos de España 1

Ríos de España 2

Costas de España 1

Costas de España 2




Por último, déixovos este mapa físico de Galicia, para que completedes o voso, e estudedes para o control.

Utilizade a lupa para aumentalos.







Créditos:
http://www.xtec.cat/~ealonso/flash/mapasflash.htm
http://www.socialesweb.com
http://www.gradualmap.com/imatges/veure/cfispol/2C.jpg

jueves, 22 de mayo de 2008

¿Que significan os nosos nomes?

Un día falaramos disto e quedara en buscarvos as etimoloxías dos vosos nomes. Velaquí as tendes, todas moi evocadoras e ben fermosas:


NURIA.- Basco: Lugar entre outeiros.


AARON.- Exípcio: Alta montaña, de grande nome.


ANTIA.- Grego: Tirada, sacada das flores.


VALERIA.- Latin: Sa, forte.


RAQUEL.- Hebreu: Ovella, gando.


MEGAN.- Xermánico: A indestrutible, a conquistadora.


VIVIAN.- Latin: Vividora, vital, que vive.


JOEL.- Hebreu: Iavé é Deus.


CRISTIAN.- Latin: Cristián, unxido, discípulo de Cristo.


JUDITH.- Hebreu: A xudea, a hebrea.



Créditos:

http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomesgalegos.html


lunes, 19 de mayo de 2008

¿Participaste alguna vez en un foro?

Un foro es un espacio en Internet donde un grupo de personas (foreros) mantienen conversaciones más o menos en torno a un tema en común y específico o bien cualquier tema de actualidad.
En todo foro aparecen las figuras del/a administrador/a (superusuario/a), moderadores o moderadoras y usuarios/as.
Normalmente en los foros aparecen una serie de normas para pedir la moderación a la hora de relacionarse con otras personas y evitar situaciones tensas y desagradables. La principal es el respeto mutuo.


Vamos a verlo de forma práctica:

  1. Entra en el foro de Laura Gallego y regístrate. Para evitar olvidos, apunta tu nombre y tu contraseña en tu cuaderno o agenda. Haz un comentario a esta entrada y di que apodo te has puesto en el foro, para poder leerlo el resto de la clase.
  2. Hecho esto, entra en la biblioteca y busca un hilo en que se ofrece un listado de autores y obras de los que se ha hablado en el foro.
  3. Busca la obra de Agustín Fernández Paz: Noite de voraces sombras y la de Sierra i Fabra: 97 formas de decir "te quiero", y deja en los hilos correspondientes tu comentario sobre éstas. AVISO: Si para alguna de las dos no hubiera un hilo abierto, tendréis que abrirlo vosotros, siguiendo las normas de los moderadores. Poneos de acuerdo sobre quién lo abre, para no acabar abriendo varios a la vez y que nos los eliminen los moderadores.
  4. Deberías leer antes las opiniones de los demás, y opinar haciendo referencia a ellas. Recuerda que dialogar es interactuar, no hablar con las paredes.
  5. Podéis usar mecanismos de cita en los foros, ¿sabéis cómo?

Créditos:
http://www.istockphoto.com/file_search.php?action=file&userID=564978
http://cafecon20.blogspot.com/2006/12/pablito.html

sábado, 17 de mayo de 2008

Mil primaveras máis para o galego

Hoxe, día das letras, quero deixarvos aquí este textiño de Álvaro Cunqueiro:

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis.

Xa sabedes que este ano se adica a Xosé maría Álvarez Blázquez. Del tráivos este poemiña. Gustaríame, se quixerdes, que engadísedes algún teto vós, como comentario.

A COMETA

Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.


Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.


Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.


Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío a terra.