
Como vexo que hai epidemia de amnesia, vouvos refrescar a memoria:
- Mañá hai exame de recuperación, e TODOS tendes que aprobar: non hai opción. Aprobar ou aprobar. Hoxe chegades a casa (lembrade levar cadernos e libros), xantades, descansades media horiña e ás catro lembrádesvos de min e sentades na mesa de estudo a darlle duro, para aprobar.
- Martes pasado era o último día para rematar a caza dos dereitos... ¡Ninguén me entregou nada! Estades ben avisados de que fai media coma un exame máis.
- Venres era data límite para entregar a ficha do libro de lectura, ¿U-las?
- Amais de emendar todos estes descoidos, na sesión de hoxe quero que colguedes os dous textos pendentes en Pájaro de cien alas.
- Temos para hoxe tamén as fichas dos planos e os esbozos, lembrade.
A quen lle sobre tempo, aconséllolle que REPASE mapas físicos, mapas políticos, teatro etc. Cada quen sabe o que leva para mañá.

P.D.- Lembrade mañá traer o mapa mudo que necesitedes para o exame.
Créditos:
Imaxe 1: http://minasdeoro.info/municipalismo.php?id=M0617782535
Imaxe 2: http://www.curso-mir.com/tecnicas_de%20estudio/06.html
0 comentarios:
Publicar un comentario