lunes, 10 de noviembre de 2008

Mesopotamia

Vede este vídeo con atención, e responde ás cuestións propostas, no caderno.

Cuestionario
  1. ¿Onde naceu a escritura?
  2. ¿Qué significa Mesopotamia? ¿Entre que ríos estaba?
  3. ¿Qué países actuais comprende?
  4. Sitúaos nun mapa para a clase de mañá
  5. ¿Cales foron os principias recursos?
  6. ¿Qué animais habitaban aquelas terras?
  7. Cita varias cidades.
  8. ¿Cal é o asentamento máis grande e mellor conservado? ¿Canto ocupaba? ¿Cantas vivendas habería? ¿Cantas persoas? Busca algunha vila galega que teña unha poboación semellante.
  9. ¿De que material eran as casas? ¿Cómo se accedía a elas?
  10. ¿Por qué destaca a cultura da cidade Tell Halaf?
  11. ¿Qué achega fundamental temos da cidade de Uruk? ¿Qué función tiña esta achega na súa época?
  12. ¿Cómo naceu a escritura, segundo explica o video? Detállao.
  13. ¿Por qué se lle dá o nome de escritura cuneiforme?
  14. ¿Cal era a organización política de Mesopotamia?
  15. ¿Qué compartían as cidades?
  16. ¿Mesopotamia foi un imperio? Explica esta pregunta polo miúdo.
  17. ¿Cal é o templo máis famoso de Ur? ¿De que ano é?
  18. ¿Quen era Hammurabi? ¿Que elaborou?
  19. ¿Qué significa Babilonia?
  20. Sinala os atributos desta cidade que a levaron a ser unha cidade mítica.
  21. ¿Que imperio se imporá sobre Mesopotamia?
  22. ¿Que acabou coas ambicións do Imperio Persa?
  23. ¿En que ano tivo lugar a derrota persa? ¿Qué consecuencias trouxo consigo?

0 comentarios:

Publicar un comentario