lunes, 15 de junio de 2009

Curriculum creativo

Se botaramos unha ollada ás moreas de currículos que reciben a diario as empresas, comprobariamos que son todos case idénticos, coa mesma letra, a mesma tipografía... Hoxe tendes que demostrar que sodes únicas e únicos, personalizando o voso curriculum. Nada mellor que as ideas orixinais de cada quen, pero para dar agunhas pistas deixo estas propostas:

-Non empregues un formato estándar: deséñao ao teu xeito
-Xoga coa disposición do texto no papel: horizontal ou vertical, columnas, táboas, sangrados...
-Emprega mecanismo de realce: negra, cores diferentes (sen estridencias), algunha maíuscula (pero poucas) etc.

Pensade que é moi importante amosar cualidades que vos fagan bos candidatos ao posto de traballo ao que optades. Lede o que se conta nesta ligazón.

0 comentarios:

Publicar un comentario