Estes días, mentres agardamos polos novos libros de texto, estamos recuperando contidos de 3º que, por motivos de tempo, quedaron sen traballar o curso pasado, como é o caso do tema que nos ocupa: a organización política do Estado.

Xa que logo, con todo o visto nas aulas e o que poidades pescudar na Internet, resolvede estas cuestións.
Tendes que facer tamén un esquema fotográfico. Quero que busquedes en xornais, revistas ou na Internet fotografías dos dirixentes e persoeiros do estado, de Galicia e de Vigo, e que fagades con elas un esquema, indicando nome e cargo, representando os tres niveis de goberno (estatal, autonómico, municipal).
Coas cuestións do exercicio primeiro e máis o mural do segundo elaboraredes un traballo manuscrito que me entregaredes na data que vos indique.
Créditos:
Imaxe: http://enladuchafinal.blogspot.com/2008/03/como-quien-va-misa.html

4 comentarios:
Vou retrasar a data do control, ¿parécevos? Convén traballar máis este tema, véxovos algo verdes, ¿non si?
Que eran as competencias? E que non me quedou moi claro.
Grazas.
¡Que ilusión que usedes o blog para consultar dúbidas!
As COMPETENCIAS son as funcións ou obrigas que lle corresponden a cada persoa, cargo, institución.
Lembra o exemplo de andar por casa que puxemos hoxe na aula: se eu fose alcaldesa, ti conselleiro de fotocopias e Joel conselleiro de chaves, Joel non podería subir as fotocopias porque esa non sería a súa función, o seu traballo, a súa competencia, senón a túa.
¿Quedouche máis claro? ¿Intentocho explicar doutro xeito?
Vale, xa me quedou claro. Moitas grazas.
Publicar un comentario