
Abride un documento de word para facer nel as seguintes actividades sobre Europa e a Unión Europea:
A páxina da UE. Pica neste enlace e contesta ás preguntas sobre a páxina da Unión Europea:
- ¿Cal é a dirección da páxina?
- ¿Cales son os apartados que ten esta páxina?
- Busca en que parte están enlazados "Doce leccións sobre Europa" e "Feitos clave".
- ¿Como pode un porse en contacto con Europa a través de Europe Direct?
- ¿Dende cando estamos xuntos segundo esta páxina?
- ¿Que apartados atopamos en "coñecer Europa xogando"?
- ¿Que información nos da a páxina dos seus dereitos?
- Explica cales son os apartados da UE día a día.
- ¿Que enlaces che saen se escribes España en Procura avanzada?
Os símbolos da UE: busca cáles na páxina da UE (exercicio anterior) son e coméntaos no teu traballo. Se podes, engade algunha imaxe.
As institucións da UE. Nesta ligazón tendes un esquema. Enviádeme isto mesmo coas vosas palabras, e unha imaxe, unha foto, de cada órgano.
Os países da UE. Axudándovos deste enlace, tendes que facer unha lista dos vinte e sete países da unión, separándoos en dous grupos: os que teñen máis de 10 millóns de habitantes e os que non chegan a esta cifra. Tendes unha dificultade engadida: a ligazón está desfasada e fala só de vinte e cinco países. ¡Buscade tamén os dous que nos faltan!
Unha de repaso. Agora, facede os exercicios desta unidade sobre EUROPA. Volvede aquí ao rematar.
Bandeiras. Nesta ligazón tendes todas as bandeiras da UE. Tendes que ilas copiando e pegándoas neste cadro, cada bandeira na casilla do país que corresponda. Amais, tendes que completar outro cadro cs países que non forman parte da UE, e as súas bandeiras.
Lembrade pegar os dous cadros no voso traballo.
Conceptos básicos: definide os conceptos que seguen, no mesmo documento de word:
- Unión Europea.
- Adhesión.
- Ratificar.
- Parlamento Europeo.
- Consello da Unión Europea.
- Comisión Europea.
- Euro.
- Constitución Europea.
- Tratado de Roma.
- Tratado de Maastricht.
Países e capitais. Por último, ides practicar países e capitais. Axudádevos do mapa do libro, se cómpre:
Países de Europa 1
Países de Europa 2
Países de Europa 3
Capitais de Europa 1
Capitais de Europa 2
Créditos:
Xtec http://www.xtec.net/%7Eealonso/flash/mapasflash.htm
Temas clave SM http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1082
Imaxe http://www.flickr.com/photos/16820659@N07/2063020762/
Diversificación http://lmsextremadura.educarex.es/course/view.php?id=14
0 comentarios:
Publicar un comentario