- ¿Cando empezou a desmoronarse o Imperio romano? ¿Quen trasladou a capital a Constantinopla? Quen e en que ano decidiu dividir definitivamente o Imperio? ¿Cal das dúas partes resistiu ata 1453 d.C.?
- ¿Cando empeza e cando termina a Idade Media? ¿Cantos anos dura aproximadamente? ¿Que dous acontecementos marcan o principio e o final deste período?
- Fai unha lista dos pobos que invadiron o imperio romano e coa axuda de mapas en rede di en que países se asentou cada un deles. Debuxa nun mapa de Europa a dirección destas invasións.
- ¿Que dous etapas se distinguen na Idade Media? ¿Que tempo abarcan cada unha delas? ¿Cales son as manifestacións artísticas típicas de cada período?
Ademais, para os que rematedes e teñades un oco, recoméndovos este xogo: As viaxes da familia Zwing.








