Hoxe adentrámonos nunha nova época: a Idade Media. Coa axuda deste libro e das vosas pesquisas na rede, dádelle resposta a estas cuestións no teu caderno.
- ¿Cando empezou a desmoronarse o Imperio romano? ¿Quen trasladou a capital a Constantinopla? Quen e en que ano decidiu dividir definitivamente o Imperio? ¿Cal das dúas partes resistiu ata 1453 d.C.?
- ¿Cando empeza e cando termina a Idade Media? ¿Cantos anos dura aproximadamente? ¿Que dous acontecementos marcan o principio e o final deste período?
- Fai unha lista dos pobos que invadiron o imperio romano e coa axuda de mapas en rede di en que países se asentou cada un deles. Debuxa nun mapa de Europa a dirección destas invasións.
- ¿Que dous etapas se distinguen na Idade Media? ¿Que tempo abarcan cada unha delas? ¿Cales son as manifestacións artísticas típicas de cada período?
Cando remates, crea unha entrada no teu blog acerca da Idade Media, na que recollas esta información en forma de redacción.
Ademais, para os que rematedes e teñades un oco, recoméndovos este xogo: As viaxes da familia Zwing.
Ademais, para os que rematedes e teñades un oco, recoméndovos este xogo: As viaxes da familia Zwing.
0 comentarios:
Publicar un comentario