Isto xa se acaba!!! Acábase o curso, a ESO, e o noso tempo xuntos.
Estes dous anos foron marabillosos con vós, paseino realmente ben, e alégrome de corazón de que conseguideses todo canto vos propuxestes, sodes unhas fieras! Moitas grazas por todo, e moitas grazas polos agasallos tan fermosos que me fixestes, emocioneime!
Se botaramos unha ollada ás moreas de currículos que reciben a diario as empresas, comprobariamos que son todos case idénticos, coa mesma letra, a mesma tipografía... Hoxe tendes que demostrar que sodes únicas e únicos, personalizando o voso curriculum. Nada mellor que as ideas orixinais de cada quen, pero para dar agunhas pistas deixo estas propostas:
-Non empregues un formato estándar: deséñao ao teu xeito -Xoga coa disposición do texto no papel: horizontal ou vertical, columnas, táboas, sangrados... -Emprega mecanismo de realce: negra, cores diferentes (sen estridencias), algunha maíuscula (pero poucas) etc.
Pensade que é moi importante amosar cualidades que vos fagan bos candidatos ao posto de traballo ao que optades. Lede o que se conta nesta ligazón.
Hoxe elaborarás o teu curriculum vitae. Acode a este enlace, le os consellos e escolle un modelo para comezar co teu. Xoga cos mecaniso de realce (tamaño de letra, negra, cursiva, subliñado), cos sangrados, as viñetas, os cadros... para facelo persoal.