
Preguntas
- ¿En que data foron asinados os dereitos humanos? ¿Cantos países subscribiron o texto?
- Cita polo menos tres precedentes históricos dos dereitos humanos.
- Dise que os dereitos humanos inclúen tres xeracións distintas de dereitos, ¿cales son esas xeracións?
- Explica polo menos dúas teorías que intenten explicar por qué valen os dereitos humanos.
- ¿Hai algunha relación entre os dereitos humanos e os deberes? Explícao, citando a fonte da que extraíches a información.
- Desenvolve a perspectiva que dende outras culturas diferentes á nosa manteñen respecto dos dereitos humanos.
- ¿Existe algunha relación entre os dereitos humanos e a dignidade humana? Desenvolve a túa resposta citando ao autor ou autores nos que te fixaches.
- ¿Poderíase revisar ou ata modificar a declaración dos dereitos humanos? Explica, con referencia ao autor ou autores que leas, a túa opinión respecto diso.
- ¿Son compatibles os dereitos humanos cos dereitos de minorías culturais? Xustifica a túa resposta con alusións ao autor ou autores que leas.
- Explica polo menos 3 feitos recentes nos que se viron ameazados os dereitos humanos.
Recursos
Podes atopar material para respostar estas preguntas neste enlace:http://www.ai-cat.org/educadors/es/index.html
Aínda que debes buscar por toda a páxina para atopar as respostas, a maioría delas atópanse nos textos deste enlace: http://www.ai-cat.org/educadors/2/dh/index.html
Pregunta final
Agora, unha vez contestadas todas as anteriores, e tendo en conta todo o que liches, trata de responder (dun modo suficientemente argumentado, aproveitándoche do que respondiches anteriormente) á gran pregunta final:
¿Ata que punto representan os dereitos humanos unha moral universal?
Cazatesouros de Miguel Santa Olalla, tirado de http://www.boulesis.com/didactica/cazatesoros/derechos-humanos/
Imaxe: http://noincineraciontenerife.com/album/images_noticias/africa.jpg
Imaxe: http://noincineraciontenerife.com/album/images_noticias/africa.jpg
1 comentarios:
Non entendo porque hai que facer estes exercicios.
Publicar un comentario