lunes, 1 de octubre de 2007

¿Quen foi Jules Verne?



¿Quen foi Jules Verne?


Introdución

O ser humano usou a súa imaxinación para crear dende valiosas obras de arte ata sofisticados instrumentos e obxectos para se axudar nas súas tarefas cotiás, pero tamén conseguiu crear mundos fantásticos grazas á literatura, e con isto logrou contaxiar a outras persoas un insaciable sentido da aventura e mais unha curiosidade ilimitada. Jules Verne fíxonos pensar e imaxinar a viaxe e a existencia de lugares remotos e illas paradisíacas.

A través da lectura deses libros, os lectores tiveron o privilexio de emprender viaxes cara a terras ignotas, cara a lugares marabillosos que lles serviron de estímulo para viaxar e para seguir soñando. Moito lle debemos no eido das viaxes, no amor á lectura, incluso en certos avances actuais e na nosa forma de ver o mundo, a nosa personaxe, precursora da ciencia-ficción e pai da moderna novela de aventuras.

O ano 2005 xumpríronse cen anos da morte do novelista francés Julio Verne, un dos escritores máis lidos de todos os tempo, e traducido ademais a cen idiomas. Dos seus relatos fixéronse , tamén, numerosas películas.

Viviu na segunda metade do Século XIX, cando o interese polos progresos da ciencia e a técnica era enorme: todo o mundo confiaba que o progreso técnico tiña que mellorar as condicións de vida. Julio Verne foi unha persoa moi interesada por todos os descubrimentos da súa época, todo canto el escribía estaba sempre baseado en escritos científicos que lera. Pero tamén tiña unha poderosa intuición que lle permitiu falar da chegada do home á Lúa moitos anos antes de que tivese lugar. ¿Gustaríavos coñecer máis cousas deste escritor e poder anticipar algunhas das cousas que poden pasar de aquí a cincuenta ou cen anos, como fixo el?


Tarefa



Nesta WQ podedes visitar diferentes lugares do globo, tamén viaxar ao Centro da Terra, dar unha voltiña de oitenta días polo mundo. Pero se non vos apetece ir pola terra, podedes facelo navegando 20.000 leguas baixo dos mares, polas profundidades mariñas a bordo dun somerxible. Se acaso quedades cansos podedes tomarvos unhas vacacións de dous anos ou retirarvos a unha illa misteriosa. Alí poderedes descansar lendo o testamento dun excéntrico.




Cuestións

  1. ¿Quen foi Jules Verne?
  2. ¿Cales son as súas obras máis lidas?
  3. ¿Por que se adoita insistir no seu carácter de precursor dos avances da ciencia?
  4. ¿A que feitos e a que inventos se adiantou nas súas novelas? Especifica en qué novela aparece cada invento ou suceso.
  5. Centrémonos en A volta ao mundo en 80 días..., ¿que ocorre nesta novela?
  6. ¿Como se inicia? ¿Que leva ao protagonista a dar a volta ao mundo?
  7. ¿En que época nos sitúa?
  8. ¿Que lugares percorre? ¿En que medios de transporte?
  9. Xa para rematar, ¿Reparaches nunha escultura que hai no Náutico? ¿Que relación existe entre Jules Verne e Vigo?
Recursos




¡Deica o próximo martes!

Espero que traballar en equipo cos teus compañeiros utilizando os medios informáticos che resultase gratificante e enriquecedor.

Tras a tarefa, coñecerás un chisquiño máis a Jules Verne e a súa obra. Observarías que a súa produción é moi extensa: pode que algún dos títulos atraia a túa atención... Se é así e te atreves a indagar na aventura que che propón, anímote a que o leas. ¡Que goces das súas aventuras!


3 comentarios:

David Coulthard dijo...

hola que tal son giagoe na realidade son cristian pero giagoe é o meu nick.Adeus

megan dijo...

Esta páxina, paréceme moi boa idea por parte da profesora Carmen,principalmente para os alumnos de diversificación, ademáis de que así poderemos poñer todas as dúbidas que teñamos.

Carme Díaz Pernas dijo...

Mirade isto:
http://www.turismodevigo.org/e_verne_gal.php
¿Recoñecédela?

Publicar un comentario